Seminario interdisciplinar O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)

Un diálogo aberto sobre o presente e futuro da Cultura
Coordinado por Ramón Maiz

O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s), é un seminario interdisciplinar sobre os significados da cultura no tempo presente que realiza o Consello da Cultura Galega. Este seminario, coordinado polo profesor Ramón Maiz ten como obxectivo, como saberá, abordar os debates e investigacións mais recentes sobre as plurais nocións e prácticas da Cultura en ámbitos tan diversos como a Filosofía, a Antropoloxía, a Arte, a xestión cultural, os estudos culturais, as políticas do multiculturalismo, etc.

Próxima conferencia:

Andrew Dobson
Título: A cidadanía medioambiental: unha ruta cara ao desenvolvemento sustentable?
Data: 14 de outubro ás 17 h.
Lugar: Biblioteca do Consello da Cultura Galega

Andrew Dobson (1957) é profesor de Política na Keele University.

Traballa no campo da teoría política do medio ambiente, con especial referencia á relación entre ecoloxismo e outras ideoloxías políticas modernas, así como a tensión entre a sustentabilidade ambiental como obxectivo social e outros obxectivos como o profundamento democrático e o incremento da xustiza social
Sobresae a súa monografía Citizenship and the Environment (Oxford University Press, 2003), e a coedición de Political Theory and the Ecological Challenge (Cambridge University Press, 2006) con Robyn Eckersley.
Nomeado académico na Academy of Social Sciences en 2008. Foi editor fundador da revista internacional Environmental Politics. Membro académico da DEFRA, Sustainable Development Research Network (SDRN) e asesor do Goberno na Sustainable Development Commission.

Máis información en: http://www.andrewdobson.com/

Máis información

 
1