Henrique Monteagudo Romero

Henrique Monteagudo

Profesor Titular de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela. Investigador do Instituto da Lingua Galega da USC desde 1981, membro do seu consello científico desde 1995. Investigador colaborador do Centro de Lingüística Geral e Aplicada da Universidade de Coimbra desde 2007.

Nado en Muros (A Coruña), en 1959. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago (1981). Doutor en Filoloxía Galega pola mesma Universidade (1995), onde exerce como profesor desde 1982. ‘Assistant Lecturer’ na Universidade de Birmigham (Reino Unido) 1988-89. Profesor visitante para ministrar seminarios de posgrao e cursos de doutoramento sobre filoloxía e lingüística galega, na City University of New York (1996, 2006), Universidade de Lisboa (1997), Universidad de Buenos Aires (2004 e 2007), University of California (Santa Barbara) (2008) e da Universidade de São Paulo (2009). Convidado para dar conferencias ou seminarios nas Universidades de Madrid (Complutense), Barcelona (Central), Valencia, País Vasco e Salamanca (España), Braga, Porto, Coimbra e Lisboa (Portugal), Oxford (Reino Unido), Trier, Berlin (Freie Universität), Tübingen, Kiel e Heidelberg (República Federal Alemá), Universidade Estadual do Ceará (Fortaleza), Federal de Salvador de Bahia e Federal Fluminense (Brasil), Unversidad de las Américas (México), Anveres (Bélxica) e Universidade , entre outras.

Secretario do Consello da Cultura Galega (2000) e coordinador da súa Sección do Lingua e do proxecto “Obras de Martín Sarmiento” (CCG/ILG). Director do Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega desde 1998. Coordinador do proxecto ‘Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia (1980-2000)’.

Membro do Consello de Redacción (desde 1988) e co-director (desde 2003) da publicación trimestral Grial. Revista Galega de Cultura.

Membro do Consello de Redacción da revista electrónica Estudos de Lingüística Galega (ILG/USC)

Membro do Consello Editorial da Editorial Parábola (São Paulo) desde 2007.

Coordinador do Programa Oficial Interuniversitario de Posgrao ‘Máster en Política Lingüística e Normalización en Galicia’ (USC, UdC, UVigo, 2008-09).

Principais publicacións

As publicacións máis importantes son:

  • Estudios de sociolingüística galega (Editorial Galaxia, 1995).
  • Historia Social da Lingua Galega (Editorial Galaxia, 1999).
  • Letras Primeiras. O foral do Burgo de Caldelas, os primordios da lírica trobadoresca e a emerxencia do galego escrito (Fundación Barrié de la Maza, 2008).

Outras publicacións de relevo en que colaborei ou das que son autor:

  • Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia (Xunta de Galicia, 1985).
  • Gramática galega (Editorial Galaxia, 1986), con Rosario Álvarez Blanco e X. L. Regueira.
  • O son das ondas. Martin Codax, Meendiño e Johan de Cangas (Editorial Galaxia, 1998).
  • Obras de Castelao en 8 volumes (Editorial Galaxia, 2000).
  • Castelao: defensa e ilustración da lingua galega (Editorial Galaxia, 2000)
  • Co-autor do estudo A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) (Consello da Cultura Galega, 2006).

Tamén son de salientar as seguintes obras (autor, editor ou tradutor):

  • A lírica galego-portuguesa, de G. Tavani (Editorial Galaxia, 1986).
  • A Romaría de Xelmírez, de Ramón Otero Pedrayo (Editorial Galaxia, 1991).
  • Sempre en Galiza, de Castelao (Parlamento de Galicia, 1992, 2000).
  • Follas Novas, de Rosalía de Castro (Editorial Galaxia, 1993).
  • Castelao de viva voz. Conferencias e discursos (Fundación Castelao, 1996).
  • Martin Codax. Cantigas (Editorial Galaxia, 1998).
  • A Lagarada e O desengano do prioiro, de R. Otero Pedrayo (Editorial Galaxia, 1998).
  • Martín Sarmiento: sobre a lingua galega (Editorial Galaxia, 2002).
  • Catálogo de libros curiosos y selectos, de M. Sarmiento (Toxosoutos, 2002).
  • Coloquio en mil duascentas coplas galegas, de M. Sarmiento (La Voz de Galicia, 2002).
  • Cantigas de Santa Maria de Afonso X o Sabio. Códice de Toledo (Consello da Cultura Galega, 2003).
  • Actas do Congreso Internacional ‘Curros Enríquez e o seu tempo’, 2 vols. (Consello da Cultura Galega, 2004).
  • Co-editor do volume Norma lingüísica e variación. Unha perspectiva desde o idioma galego (Consello da Cultura Galega, 2004).

Co-autor de libros de texto de lingua galega para o ensino medio e preuniversitario, autor de numerosos traballos sobre filoloxía, lingüística, sociolingüística e historia social da lingua galega, presentados en congresos nacionais e internacionais, e publicados en revistas especializadas como Grial (Vigo), Verba (Santiago), Boletín da Real Academia Galega (A Coruña), Colóquio/ Letras (Lisboa), Signo y Seña (Buenos Aires), Portuguese Studies (Cambridge), Plurilinguismes (París), The Year’s Work in Modern Languages (Oxford), e series como Trends in Romance Linguistics and Philology (Berlin & New York), Lexikon der Romanistik Linguistik (Tübingen, Alemaña) ou Anuário Inernacional de Comunicação Lusófona (São Paulo).
Colaborador da Gran Enciclopedia Gallega (España), Verbo. Enciclopédia Luso-Brasileira de Cultura (Portugal e Brasil) e mais da enciclopedia Facts about the World’s Major Languages (USA).

(fotos de libre reprodución acreditando Foto: CCG)

 
1