
A visión crítica dos bens culturais e a súa conservación obríganos a concibilas desde unha “conciencia colectiva”, activa e reflexiva. A historia da cultura material, certo, é expresión da historia dos pobos pero está, ao mesmo tempo, incidida pola conciencia ou sensibilidade colectiva e contemporánea.
Os bens culturais, memoria e identidade da humanidade e dos pobos, cobran especial proxección na creación e produción contemporáneas, máis alá da significación e presenza que tiveron en toda a historia da cultura (material e espiritual). A memoria e a identidade son obxecto de interese na creatividade actual, que queda acordada no tempo e no espazo actuais.
A proposta do foro nesta área do coñecemento e da conservación da cultura oriéntase como introspección na mentalidade ou conciencia crítica actual dos bens culturais, desde as prácticas da conservación e da creación.
DATOS BÁSICOS:
Materiais: Folleto en pdf
Santiago de Compostela, 23, 24 e 25 de outubro
Inscrición: Inscrición pechada
Tel. Información: 981 957 209
Lugar de celebración: Salón de Actos do Consello da Cultura Galega
Ver localización:
Ver mapa máis grande

