Galicia na sociedade do coñecemento

Santiago de Compostela, 3 e 4 de abril de 2008

A sociedade do coñecemento convértese cada vez máis nun elemento central da vida das sociedades desenvolvidas contemporáneas, tanto nos aspectos sociais como nos económicos e culturais. Na base deste fenómeno está a gran revolución tecnolóxica da información producida nas últimas tres décadas, período en que a extraordinaria multiplicación da capacidade de distribuír fluxos de información foi proporcional á división dos seus custos. A chamada globalización económica e súa principal manifestación, a financeira, non se explican sen ese dato, o mesmo que ocorre co cambio nos costumes e hábitos de amplos sectores da poboación.

O obxectivo deste foro de debate é facer unha achega á situación de Galicia na sociedade do coñecemento a través de tres perspectivas: económica, sociolóxica e tecnolóxica. Seguindo eses puntos de vista, o encontro organízase arredor de tres temas centrais: Galicia e a globalización, os cidadáns na sociedade da información, Galicia e as tecnoloxías da información e do coñecemento.

DATOS BÁSICOS:

Materiais: Folleto en pdf
Santiago de Compostela, 3 e 4 de abril
Inscrición: Inscrición pechada
Tel. Información: 981 957 210
Lugar de celebración: Salón de Actos do Consello da Cultura Galega

Ver localización:

Ver mapa máis grande

 
1