Xornadas de análise sobre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

22 e 23 de febreiro de 2010

A Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM) (descargue en PDF) é un Tratado Internacional impulsado en 1992 polo Consello de Europa e ratificado polas Cortes Xerais españolas en 2001. A Carta busca a protección das linguas “faladas tradicionalmente nun territorio dun Estado por nacionais dese Estado que constitúen un grupo numericamente inferior ao resto da poboación do Estado”. Pode saber máis sobre a CRLRM aquí.

O programa das xornadas inclúe a presenza de expertos europeos na CELMR que abordarán cuestións de relevo como o réxime de protección do ensino, a intervención lingüística na vida económica e social, os intercambios transfronteirizos ou réximes de protección, obxectivos e principios da CELMR, entre outros.

Datos básicos:

Data de celebración: 22 e 23 de febreiro de 2010
Lugar: Consello da Cultura Galega
Coordinadora: Alba Nogueira
Programa: Consúlteo aquí.
Curriculums dos participantes: Consúlteos aquí
Inscrición: Pode realizala aquí.

 
1