
Os medios de comunicación desempeñan un papel crucial na construción identitaria e na difusión da lingua e da cultura propias. Por esta razón e dende hai anos o Consello da Cultura Galega vén amosando unha particular preocupación polo desenvolvemento do sistema mediático galego e a presenza nel da nosa lingua e da nosa cultura. Así o manifesta a creación en 1990 da Sección de Comunicación, que nos últimos anos organizou distintos encontros e xornadas nos que expertos en comunicación e profesionais dos medios expresaron as súas inquietudes, as súas dificultades e os seus retos. A conmemoración do primeiro centenario do nacemento de A Nosa Terra neste ano 2007 convídanos a reflexionar sobre asuntos tan relevantes como os desafíos das nacionalidades históricas e os medios de comunicación ou o papel determinante da lingua e dos medios na construción das identidades, obxectivos que abordaremos no foro de debate «Medios de comunicación e identidade».
Datos básicos:
Materiais: Folleto en PDF
Santiago de Compostela, 10-11 de Decembro de 2007
Inscrición: Gratuíta
Lugar de celebración: Salón de Actos do Consello da Cultura Galega
Ver localización:
Ver mapa máis grande

