Xa se pode ver en vídeo o acto de clausura da celebración dos 25 anos do Consello da Cultura Galega
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2009.- Xa está dispoñible para a súa visualización o vídeo do acto solemne co que o Consello da Cultura Galega puxo onte punto e final á celebración dos seus primeiros 25 anos de existencia (1983-2008). Presidido por Alberto Nuñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, o acto contou tamén coas intervencións de Ramón Villares, actual presidente do Consello; Alfonso Zulueta de Haz, expresidente; Victor Manuel Vázquez Portomeñe, conselleiro de Educación e Cultura da Xunta en 1983, e Francisco Díaz-Fierros Viqueira, membro do primeiro plenario.

