Proposta institucional do Consello da Cultura sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2009.- O Consello da Cultura Galega deu a coñecer hoxe unha ”Proposta institucional sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia”, aprobada polo Plenario da institución. O documento foi presentado nunha rolda de prensa polo presidente, Ramón Villares, o secretario, Henrique Monteagudo, e o coordinador da Seccción de Lingua, Literatura e Comunicación, Víctor Freixanes. Pouco antes Ramón Villares fixera entrega da proposta á Presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, e remitira tamén o documento aos grupos parlamentarios. O CCG propón ao Parlamento que promovoa “a constitución dunha Comisiòn Parlamentaria que, oídas as institucións, colectivos e expertos que considere oportuno convocar, elabore unha proposta de desenvolvemento consensuado do Plan Xeral de Normalización Lingüística”.
- Descargue a Proposta Institucional sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia (en PDF)
- Escoite a
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
(en MP3)

