Consello da Cultura Galega

Os Presidentes de Xunta, Consello da Cultura e Fundación Barrié destacaron a relevancia da emigración na apertura da exposición “Os adeuses”
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2010.- O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) inauguraron esta tarde na sede da Fundación “Barrié de la Maza”, na Coruña a exposición OS ADEUSES, 73 imaxes da emigración galega (1957-1963) captadas polo fotoxornalista Alberto Martí. O acto foi presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a quen acompañaron José María Arias, Presidente da Fundación citada e Banco Pastor, e o Presidente do CCG, Ramón Villares,o Secretario Xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro,o autor das fotografías e o director do CGAI, Guillermo Escrigas. A exposición, que máis adiante visitará outras cidades, poderá verse na Coruña ata o vindeiro 5 de setembro.

O que podemos ver é indicativo “da grande epopea da emigración galega que cubre case dous séculos da nosa historia máis recente, neste caso unha etapa ben concreta da emigración americana, aquela que na década dos cincuenta estaba xa dando os últimos folgos”, en palabras de Ramón Villares, estudioso do fenómeno na súa condición de catedrático de Historia contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. O Presidente do CCG chamou asemade a atenciòn sobre a relación entre emigración e fotografía, “un importante acervo docuemntal que merece ser recuperado e no que xa deu e seguirá dando pasos o noso Arquivo da Emigración Galega”. Agradeceu por último a xenerosidade de Alberto >Martí e felicitouse pola cooperación interinstitucional que fixo posible a realización da mostra, “traballo entre parceiros, que trata sempre de impulsar o Consello da Cultura Galega”.

José María Arias Mosquera, Presidente da Fundación Pedro Barrié de la Maza e Banco Pastor,  significou a importancia do fenómeno migratorio na historia contemporánea de Galicia e recordou que o fundador, Pedro Barrié, falaba sempre da relevancia dos vectores formación e emigración. Agradeceu o traballo de Alberto Martí, que , pola súa parte, expresou a súa satisfacción pola configuración da exposición.

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, cerrou o acto recordando que a súa presenza supoñía tamén a súa primeira visita á sede da Fundación “Barrié de la Maza” e, logo de reflexionar sobre o grande impacto do fenòmeno migratorio, afirmou que “na emigración nace o anticipo do que hoxe somos e tamén do que hoxe queremos ser”. Despois percorreu detidamente a exposición, acompañado polo autor das fotografías e as autoridades ñresentes.

A IDA, A VOLTA E O “SANTA MARÍA”

“Os adeuses”, comisariada por José Caruncho, estrutúrase en tres áreas: A Ida, A volta e O Buque Santa María e ofrece instantáneas da partida de centos de emigrantes galegos desde os portos de Vigo e A Coruña entre 1957 e 1963. Complétase cunha reportaxe sobre a peripecia do buque “Santa María”, que cubría a ruta Caracas-Lisboa-Vigo, secuestrado polo Directorio Ibérico de Liberación (DRIL) en xaneiro de 1961 e que puido regresar ao porto de vigo en febreiro dese mesmo ano.

Pilar Cagiao Vila, do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, salienta no catálogo o reflexo, nas fotografías de Alberto Martí, de todas as circunstancias que rodearon a partida dos emigrantes: “desde a chegada ao porto, a terminal de pasaxeitos atestada, ata a espera da partida e a acomodación a bordo, pasando polo mundo dos trámites, os papeis e os funcionarios”.

O comisario da Mostra, José Carcuncho, propúxose, e conseguiu, “contar unha historia do que significou a emigración para miles de galegos, desde a ida ata, en moitos casos, o retorno á casa”.

Alberto Martí Villardefrancos (A Coruña, 1922) agradeceu, na rolda de prensa convocada previamente para presentar a jostra, o traballo de José Caruncho e o activo compromiso do CCG e do CGAI e destacou o interese xornalístico das imaxes. “Non pensei que foran formar parte dunha exposición”, asegurou logo de lembrar que no seu arquivo conta con millóns de negativos.

As 73 fotografías están recollidas nun catálogo de 150 páxinas editado polo CCG con textos, en galego, castelán e inglés, de Ramón Villares, Alfonso Cabaleiro, Pilar Cagiao, María Teresa García Domínguez e José Caruncho.

O libro “O Botafumeiro”, iniciativa do Consello da Cultura, analiza a historia, a etimoloxía e a física do “rei dos incensarios”, que data do s. XIII
De esquerda a dereita, Antón Santamarina (ILG), Francisco Díaz Fierros (vicepresidente CCG), José María Díaz Fernández (deán da catedral), Xosé M. Sánchez Sánchez (historiador) e Francisco Rodríguez Iglesias (Hércules de Ediciones). Foto: CCG.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2010.- Un fermoso tomo de 134 páxinas magníficamente ilustrado, resultado dunha iniciativa interdisciplinar do Consello da Cultura Galega, editado por Hércules de Ediciones. O libro O BOTAFUMEIRO. ESTUDOS E EVOCACIÓNS foi presentado así hoxe na Sala Capitular da Catedral de Santiago. O popular botafumeiro non foi o primeiro incensario vencellado ao feito xacobeo, segundo consta nunha miniatura do Tumbo A (s. XII), pero si é o primeiro que figura nunha anotación marxinal do Liber Sancti Jacobi, descrito como “magno turibulo argenteo” (s. XIV-XV), conservados no arquivo catedralicio. Destacárono Francisco Díaz Fierros, vicepresidente do CCG e coordinador da edición, Francisco Rodríguez Iglesias, presidente de Hércules, e José María Díaz Fernández, Deán da Catedral compostelana.

O libro é un detallado estudo da historia, a etimoloxía e a singular física do botafumeiro, unha completa descrición do “rei dos incensarios ”. Os estudos históricos foron realizados por José María Díaz Fernández e Xosé M. Sánchez Sánchez. Do filolóxico ocupouse Antón Santamarina  (Instituto da Lingua Galega) e dos referidos á física, Juan Ramón Sanmartín (Universidade Politécnica de Madrid). O libro leva tamén textos introductorios asinados por Francisco Díaz-Fierros e Paolo Caucci von Saucken, Presidente da Comisión Internacional de Expertos no Camiño de Santiago.

A obra complétase con trece evocacións literarias de, entre outros, Gonzalo Torrente Ballester, Camilo José Cela, Xosé Filgueira Valverde, Antonio Fraguas ou Francisco Fernández del Riego. As fotografías son de José Manuel Salgado.

Ademais da longa historia do botafumeiro, das súas funcións litúrxicas e do seu simbolismo relixioso e xacobeo, da etimoloxía que o rodea, o libro apunta que o movemento do “rei dos incensarios, que data do século XIII, “é un particular exemplo do péndulo como paradigma en Física” e subliña que a concepción dese paradigma físico desenvolveuse no século XVII. Indícase tamén que o rito do botafumeiro non tivo difusión noutras catedrais e só se puido dar na de Compostela, románica, e despois do cambio da arquitectura deste tipo de monumentos.

En todo caso no s. XIV-XV unha anotación á marxe no Liber Sancti Jacobi precisa: “Agora engalánase cun grande incensario de prata, que discurre suspendido na parte superior do templo por cordas, desde o portal norte ao sur, cheo de carbóns acesos e portando incienso a un lado e outro da parte superior da basílica”. É o “magno turibulo argenteo”, que agora coñecemos como “botafumeiro”.

Do libro imprimíronse cincocentos exemplares en galego e mil cincocentos en castelán.

Rosario Álvarez Blanco, vicepresidenta, Xosé López García, secretario e Alfonso Paz-Andrade, novo vogal do Plenario do Consello da Cultura Galega
Santiago de Compostela, 14 de julio de 2010.- O Plenario do Consello da Cultura Galega aprobou esta tarde a composición da nova Comisión Executiva, á que se incorpora Rosario Álvarez como vicepresidenta, e na que Xosé López asume as funcións de secretario, sustituíndo a Henrique Monteagudo. Francisco Díaz-Fierros continúa como Vicepresidente primeiro. O máximo órgano de goberno da institución aceptou tamén a incorporación, como membro electivo, do empresario e promotor cultural Alfonso Paz Andrade. Aprobou asemade un plan de austeridade económica e deu o visto e prace á creación dunha comisión interinstitucional sobre o Panteón de Galegos Ilustres e ao programa de actos conmemorativos do primeiro centenario de Álvaro Cunqueiro (1911-1981). As propostas foron presentadas por Ramón Villares, quen ven de iniciar o seu segundo mandato (2010-2014) como Presidente do CCG.

A reforma da Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega ten que ver coa asignación de novas tarefas de coordinación dos proxectos de traballo da institución. Presidida polo Presidente da institución, Ramón Villares, a Executiva queda integrada por Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Vicepresidente primeiro, que se ocupará das Seccións; Rosario Álvarez Blanco, Vicepresidenta segunda, que coordinará os Arquivos. A Secretaría é asumida por Xosé López García, ata agora Vicepresidente segundo, que sustitúe a Henrique Monteagudo Romero. Como xerente continúa Marcelino Fernández Santiago.

Rosario Álvarez é directora do Instituto da Lingua Galega (ILG), a quen representa no Plenario desde 2008. É catedrática de Filoloxía Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

ALFONSO PAZ-ANDRADE

O Plenario do CCG aprobou tamén a incorporación de Alfonso Paz Andrade, como membro electivo. O novo vogal foi Director-xerente do Grupo Pescanova durante 33 anos e preside o comité Executivo da World Fishing Exhibition e de Ibercisa. É membro do Consorcio da Zona Franca e da Autoridade Portuaria de Vigo, Presidente da Asociaciòn Española de Pesca e Vicepresidente de Caixa Galicia. É editor da revista “Industrias Pesqueras”, a publicación española máis importante do sector, e forma parte dos comités directivos das Fundacións Castelao, Neira Vilas, Luís Seoane, Caixa Galicia e Galicia-Europa, entre outras.

PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES

Por outra parte, o Plenario aprobou a creación dunha comisión interinstitucional “de estudo e proposta de acción futura sobre o Panteón de Galegos Ilustres”, na que estarán representados, ademais do CCG, a Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego e as Fundacións Rosalía de Castro, Alfredo Brañas e Castelao.

Na sesión tamén saiu adiante o programa de actividades conmemorativas do primeiro centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981), que incluirá exposicións congresos, publicacións e outras actividades divulgadoras de tan relevante figura da literatura galega.

O Plenario do CCG aprobou un plan de austeridade económica que supón unha reducción do 15 por cento nas asignacións por asistencia ás reunións de traballo por parte de vogais e directivos, que, polo demais, non perciben outra retribución.

O PLENARIO DO CCG

O Pleno é o máximo órgano de goberno do CCG. Está composto por membros natos e electivos.

Membro nato: Conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña.

Presidente: Ramón Villares.

Membros electos:

Por designación das institucións que forman o Consello da Cultura Galega:

José María Arias Mosquera. Fundación Barrié de la Maza;

José María Barja Pérez. Universidade da Coruña;

Xosé Ramón Barreiro Fernández. Real Academia Galega;

Juan José Casares Long. Universidade de Santiago;

Alfonso Novo Cid-Fuentes. Instituto de Estudios Xacobeos;

Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Seminario de Estudios Galegos (Vuicepresidente primeiro);Carlos García Martínez. Consello Galego de Museos;

Rosario Álvarez Blanco. Instituto da Lingua Galega(Vicepersidenata segunda);

Julio Souto Jiménez. Fundación Penzol;

José Antonio García Caridad. Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación;

Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento;

Helena Villar Janeiro. Fundación Rosalía de Castro;

Tito Antonio Varela López. Real Academia Galega de Ciencias e

Ramón Yzquierdo Perrín. Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.

Por elección do Pleno: Xosé López García (Secretario), Henrique Monteagudo Romero, María Xosé Agra Romero, Víctor F. Freixanes, Ramón Máiz Suárez, Iago Seara Morales,

María Luísa Sobrino Manzanares, Concepción Varela Orol,

Maximino Zumalave e Alfonso Paz-Andrade.

É Presidente de Honra do CCG o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

O Consello da Cultura Galega concluiu a segunda fase dos “Foros de Reflexión Estratéxica sobre a Cultura Galega” e anuncia unha terceira para o outono
Víctor Freixanes, Xavier Rubert de Ventós e Ramón Villares, nun momento do foro que se celebrou na Biblioteca do CCG

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2010.- Un longo debate sobre os “Contidos da cultura“, marcou o final dos catro foros presenciais do ciclo “Reflexión estratéxica sobre a cultura galega”, organizados polo Consello da Cultura Galega. Contou cun relatorio-marco de Xavier Rubert de Ventós, filósofo, ensaísta e catedrático de Estética e Composición da Universidade Politécnica de Barcelona. A cultura galega como marca, a identidade galega como activo e as oportunidades da acción e a proxección exterior no escenario da mundialización foron algúns referentes das reflexións coordinadas por Victor Freixanes e Henrique Monteagudo. O documento final será obxecto de debate, en rede, en setembro e un foro final terá lugar na segunda quincena de outubro.

Xavier Rubert de Ventós aludiu ao que considerou “un discurso cada vez máis esencialista por parte dos Estados” e afirmou que un país é verdadeiramente grande “cando poden convivir nel indivíduos con identidades distintas e non xerárquicamente ordenadas”. O seu relatorio deu paso a un vivo debate, en sesións de mañá e tarde, no que se plantexaron dúbidas e incertezas sobre os camiños a seguir, tendo en conta a importancia da identidade cultural galega como patrimonio e memoria e a necesidade de potenciar tan valioso activo.

Falouse particularmente da necesidade de pensar a identidade en clave de estratexia e da cultura galega como plataforma de oportunidades. Aludiuse tamén á importancia de construir relatos propios e dispoñer dunha industria cultural para difundilos, logo de salientar a importancia da cultura na configuración histórica de Galicia.

Na xornada interviron, entre outros, María Pereira, Marcial Gondar, Inma López Silva, Carlos Fernández, Manuel Pérez Rúa, Miguel Barros, Helena González, Francisco Díaz Fierros, Juan Creus, Luz Corral, María López Sande, Juan Fernando de la Iglesia, Xaime Subiela, Benigno Amor, Fina Casal, Xosé Manuel Pereiro, Luís Bará, Marcos Lorenzo e o Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, que agradeceu a presenza e a activa participación de todos os convocados.

O DEBATE CONTINÚA

Os catro Foros (políticas culturais, institucións culturais, cultura e mercado e contidos da cultura, celebrados en xuño e xullo) supuxeron a segunda fase dun proceso aberto, plural e participativo, iniciado en xaneiro con propostas e consultas a diferentes representantes do sector cultural, convocados desde o CCG na procura de suxestións arredor de estratexias de futuro da cultura galega. O grupo de traballo, dirixido por Xosé López García e con Xaime Subiela como coordinador técnico, remitiu un cuestionario a trescentas persoas representativas do sector cultural e da sociedade.

As respostas recibidas permitiron ordenar os materiais de traballo dos foros, que, á súa vez, permitirán agora a elaboración dun documento final, que se abrirá ao debate, a través dos soportes do CCG na Rede, no mes de setembro, e será remitido tamén ás institucións públicas, culturais e sociais. Para a segunda quincena do mes de outubro está prevista a celebración dun Foro final.

Ramón Villares defendeu no Parlamento a reforma da CRTVG e o seu carácter de servizo público, independente e normalizador da lingua e a cultura
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2010.- O Presidente do Consello da Cultura Galega defendeu hoxe a necesidade da reforma do marco normativo dos medios de comunicación públicos de Galicia. Ramón Villares compareceu no Parlamento a petición da Comisión encargada de estudiar esa reforma e subliñou a oportunidade de reforzar o papel da Compañía de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG) como servizo público, factor decisivo na normalización de lingua e da cultura galegas, configurador dun espazo galego de comunicación, motor do audiovisual e creador dunha imaxe propia de Galicia. Defendeu asemade a súa desgobernamentalización da CRTVG e a elección do seu responsable por maioría parlamentaria suficiente e por un mandato amplo (vexa o texto nesta ligazón). Os tres grupos parlamentarios acolleron positivamente a exposición do Presidente do CCG, a primeira da rolda de comparecencias fixadas pola Comisión, que preside Agustín Baamonde (PP).

Para o Consello da Cultura Galega os medios de comunicación de titularidade pública deben reforzar os cometidos citados, desde o seu carácter de servizo público, e “ser peza angular na configuración dun espazo galego de comunicación para que, empregando a nosa lingua, difundamos a nosa cultura e deste xeito estemos no mundo con mensaxes propias. Isto implica, neste momento de grandes cambios no mundo da comunicación, adaptar a prestación do servizo público ás mudanzas tecnolóxicas e, por tanto, a estar nos novos ámbitos en rede con proxectos innovadores”.

Ramón Villares aludiu á da necesidade de reformar o actual modelo dacordo cos novos escenarios da comunicación e os cambios tecnolóxicos e as transformacións sociais dos últimos decenios. “O modelo actual, e aí están os exemplos de RTVE ou as Directivas da Unión Europea, necesita urxente aggiornamento ou posta ao día e debe conceder tamén un maior protagonismo á participación cidadán”.

Explicou que o novo modelo da CRTVG “debe contribuir á articulación dese espazo cultural e comunicativo propio en Galicia co obxectivo de conformar unha opinión pública autorreferencial e de vertebración da identidade colectiva”. Un obxectivo que implica que a nova TVG e a nova Radio Galega deben constituirse nos referentes audiovisuais nos ámbitos da lingua, a cultura, a opinión pública e, en xeral, o espazo público. “É dicir, que Galicia esté no mundo con voz propia na súa lingua e no marco da súa cultura e con vocación de fomentar a convivencia cultural e unha visión aberta ao mundo, obxectivo que propugnou toda a tradición  cultural galega desde os tempos do romantismo, pero na que sobranceou a xeneración Nós”. Ao respecto lembrou a frase de don Vicente Risco “ser diferente é ser existente”. “Para ter un perfil propio, nos tempos que corren, é preciso construir un relato de nós, antes de que nolo constrúan os demais”, afirmou.

O Presidente do Consello da Cultura Galega ofreceu a colaboración desta institución e puxo a disposición da Comisión e do Parlamento as publicacións e os informes sobre o sector da comunicación elaborados pola institución desde a súa creación en 1983. “Desde a reflexión sobre o sector da comunicación ao papel das industrias culturais e o desenvolvemento da dixitalización aplicada aos novos soportes da información, pode o CCG colaborar activamente neste proceso e en todo o referido á Cultura e os Medios de Comunicación públicos”. Citou expresamente o documento “Tres décadas de televisión en Galicia”, elaborado en 2004 e de libre consulta no arquivo dixital do CCG.

OS GRUPOS PARLAMENTARIOS COINCIDIRON

Os tres grupos parlamentarios acolleron positivamente a exposición. Anxo Quintana (BNG) enfatizou o emprego do galego nos medios públicos, na liña defendida por Ramón Villares.

Xaquín Fernández Leiceaga (PS de G-PSOE)defendeu o carácter de servizo público, a desgobernamentalización e a función normalizadora dos medios públicos e salientou a necesidade de compatibilizar calidade e rendibilidade.

Pedro Puy (PP) concordou cos argumentos empregados polo comparecente e defendeu “un modelo organizativo independente e profesional adaptado aos novos escenarios da comunicación”.

O Presidente do CCG, no seu turno de resposta, lembrou que a Cultura “é un dos grandes valores de Galicia e os recursos a ela destinados deben ser considerados investimento e non gasto”. Falou tamén da necesidade dun control parlamentario e independente da xestión dos medios públicos. Por último, agradeceu a oportunidade ofrecida pola Comisión e a actitude positiva da Presidencia e dos tres Grupos Parlamentarios. Rematou reiterando a disposición do CCG a colaborar en todo o que a Comisión e o Parlamento dispoñan.

Presentada “ATALAIA. Arte Contemporánea en Galicia”, nova iniciativa na rede do Consello da Cultura e da súa Sección de Creación e Artes Visuais
Seve Penelas, Ramón Villares e María Luísa Sobrino, no acto de presentación de Atalaia (Foto: CCG)

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2010.- ATALAIA. Arte Contemporánea en Galicia é unha iniciativa na rede da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas, do Consello da Cultura Galega, aloxada no portal www.culturagalega.org, para ofrecer aos usuarios unha achega informativa inédita, actualizada e sistemática do contexto artístico actual en Galicia. No acto de presentación interviron: Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, e María Luísa Sobrino e Seve Penelas, coordinadora e membro da Sección citada, respectivamente. “É unha mostra excelente do que queremos facer desde o CCG: proxectar a cultura e a imaxe actual de Galicia ao maior número posible de persoas”, afirmou Ramón Villares.

María Luísa Sobrino explicou que ATALAIA abre unha panorámica (ARTISTAS e OBRAS) sobre os creadores en activo máis representantivos, con obras e exposicións nos museos, centros de arte, fundacións, galerías e salas de exposicións, así como un arquivo  (EVENTOS), que permitirá coñecer as actividades e programacións expositivas e recollidas nun directorio (ESPAZOS). Tamén hai lugar para outros recursos (PUBLICACIÓNS), para poder coñecer o que se está a editar en Galicia no eido das revistas de arte, catálogos, libros e todo o que facilite datos para a investigación e o coñecemento.

ATALAIA incluirá tamén un destaque cada día dun artista na portada (HOXE…); os proxectos de comisariado online (ITINERARIOS) nos que diferentes profesionais do sector farán unha escolma de 10 obras para trazar un percorrido persoal, explicadas con máis detalle en formato audio; e tamén a información relativa á arte contemporánea (NOTICIAS), procedente do traballo da redacción de culturagalega.org. Nun futuro próximo ampliarase con outros capítulos sobre o resto dos profesionais e recursos do sector, ademais dunha xeira de enlaces e ligazóns de utilidade.

ATALAIA está en www.culturagalega.org, o portal cultural do Consello da Cultura Galega, dirixido polo xornalista Mnauel Gago, que leva máis de dez anos de intenso traballo, informativo e de construción de soportais especializados: Audiovisual, Banda Deseñada, Literatura ou Música. Pode acceder a ATALAIA directamente nesta ligazón: www.culturagalega.org/atalaia.

Do deseño de ATALAIA, xunto con Manuel Gago, encargáronse: Daniel López, Victor E. Pérez, Arantxa Pérez e Clara Rodríguez.

Da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas, que coordina María Luísa Sobrino, forman parte: Camilo Franco, Federico López Silvestre, Carme Nogueira, Antón Patiño, Seve Penelas, Natalia Poncela, Miguelanxo Prado e Carlos Rosón.

O Seminario “Lingua, sociedade e política” constata a dificultade de recuperar xa os consensos lingüísticos básicos e aposta por accións sociais positivas
O acto contou cun debate entre Agustín Baamonde (PP) e Bieito Lobeira (BNG), moderado por Manuel Bragado, no centro

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2010.- A cuarta e derradeira sesión do “Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia” constatou a imposibilidade de recuperar a curto prazo os consensos lingüísticos básicos en Galicia e salientou as dificultades que para o inmediato futuro do galego supoñen as recentes decisións da Xunta en materia educativa. Fixo tamén fincapé na necesidade de revisar os vellos discursos e impulsar accións positivas dirixidas especialmente aos sectores sociais máis dinámicos. O seminario, iniciado en decembro 2009, foi organizado polas Seccións de Lingua, literatura e comunicación e Pensamento e sociedade, do Consello da Cultura Galega e coordinado polo profesor Henrique Monteagudo.

Foi Henrique Monteagudo o encargado de resumir as conclusións básicas do seminario despois dunha sesión na que se abordou a situación do galego na perspectiva internacional e se reflexionou sobre a lingua e o nacionalismo -tamén o nacionalismo español- no contexto español. No programa contouse asemade cun debate protagonizado polos parlamentarios Agustín Baamonde (PP) e Bieito Lobeira (BNG), que ratificaron os distantes enfoques, puntos de partida e análise lingüística das dúas formacións políticas. Por problemas de axenda non acudiu a esta cita o voceiro dos socialistas galegos, Francisco Cerviño.

Na perspectiva internacional do galego Xoán Carlos Lagares (Universidade Federal Fluminense) e Margarita Ledo (Universidade de Santiago) subliñaron a importancia da presenza do galego na diversidade da lusofonía, espazo activo, plural e multicéntrico, na mundialización. Unha dimensión do marco galego que, de portas adentro, ven contemplando unha deslexitimación das políticas afirmativas a prol do galego (por exemplo o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega), a quebra dos consensos básicos e a aparición de discursos públicos deslexitimadores. Discursos que asocian o castelán á liberdade e o galego á imposición e que son seguidos por decisións que, no caso do ensino, han supoñer un grave retroceso para o idioma galego. Así o apuntan as conclusións e así o indicaron expertos como Antón Baamonde, Juan Carlos Cabrera (Universidade Autónoma de Madrid), Fermín Bouza Álvarez ou Albert Branchadell.

Polo que fai referencia ao debate dos repersentantes dos grupos paralmentarios, Agustín Baamonde (PP) insistiu na necesidade de “ler adecuadamente o que di a sociedade galega” e afirmou que o seu partido non rachara consenso algún. Nas antípodas desa análise situouse Bieito Lobeira (BNG)), que aludiu á posibilidade dun acordo básico arredor do Plan Xeral de Normalizaciòn e pediu ao goberno galego que cumpla estritamente a lei.

Na xornada tomou parte tamén Georg Kremnitz (Universidade deViena) que fixo un percorrido pola situación sociolingüística no marco español. Henrique Monteagudo, Bieito Silva, Manuel Bragado e Alba Nogueira introduciron e moderaron os catro debates programados na sesión conclusiva diste seminario.

O sector cultural deber ser factor relevante para a economía e os públicos deben asumir máis protagonismo, segundo o Foro “Cultura e mercado”.
O acto desenvolveuse na Biblioteca do Consello da Cultura Galega

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2010.- O sector cultural debe ser  considerado como un factor relevante para a economía produtiva e os públicos deben ser os protagonistas do impulso das industrias culturais. Son conclusións do Foro “Cultura e mercado”, terceiro dos cinco “Foros de reflexión estratéxica sobre a cultura galega”, organizados polo Consello da Cultura Galega. Coordinado por Francisco Campos (Universidade de Santiago), o Foro contou cos relatorios de Victoria Ateca (Universidade do País Vasco) e Pau Rausell (Universidade de Valencia). Os debates prolongáronse en quendas de mañá e tarde. O programa dos Foros continuará o vindeiro 8 de xullo coa sesión sobre “Contidos da Cultura”.

Victoria Ateca aludiu á importancia do estudio do impacto económico da cultura e ás dificultades para a necesaria armonización dos criterios a aplicar. Falou do impacto da innovación tecnolóxica e os cambios que conleva: a cada vez maior interacción, a conectividade e a converxencia, derivada das alternativas aos modos tradicionais de consumo. Aludiu á centralidade da experiencia cultural, marcada pola ampliación das audiencias,a profundización dos compromisos e a diversificaciòn en novos públicos. “Pasamos dos procesos orientados ao produto a outros que teñen especialmente en conta aos participantes-consumidores cos seus hábitos modificados a causa do impacto da aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación e da implantación da sociedade do coñecemento, na que xogan un papel determinante os contidos culturais”. Citou o Libro Verde das Industrias Culturais, da Unión Europea, para lembrar a existencia “dun gran potencial sen explotar nas industriais culturais e creativas para crear coñecemento e emprego e estimular a innovación”.

DEMOCRATIZACIÓN DA CREACIÓN

Pau Rausell referiuse á necesidade de cambiar as políticas culturais para facelas máis eficaces e eficientes e describiu o sector cultural como emerxente, de amplo espectro e altamente produtivo, pero intensamente afectado polastransformaciónstecnolóxicas “Esa circunstancia  converte en volátiles os entornos e multiplica a competitividade e os competidores, o que obriga a ter moi en conta o que levan a cabo os demais”. Nise entorno outro dos condicionantes deriva do feito da caída dos costes de creación, produción e fabricación cultural, en directa relación coa dixitalización e con Internet, orixe dunha democratización da creación cultural. Aparecen entón os ecosistemas culturais mediadores, que representan novas oportunidades para os espazos periféricos. “A partir da dixitalización xorden novas combinacións, novos produtos culturais, novas especialización no ámbito da creación cultural e mesmo no comportamentos dos consumidores”.

OPORTUNIDADES

No documento elaborado con anterioridade sobre as industrias culturais en Galicia, logo das respostas a unha enquisa previa, aparecen seis oportunidades a considerar. Están relacionadas coa multiplicaciòn das posibilidades de produción e aceso á cultura da man da sociedade da información e das TIC como potencialidade para prolmocionar a produción cultural galega e os cmaibos nas formas de consumo cultural. Aluden asemade á conciencia do peso económico da cultura e do seu valor para o desenvolvemento e Á nova centralidade da cultura como fornecedora de contidos na sociedade do coñecemento. Falan por último da fusión das caixas de aforro “como oportunidade para aproveitar mellor o seu valor no sistema cultural e na sociedade galega”.

ESPAZO PARTICIPATIVO

Estes Foros son a segunda fase dun proceso aberto, plural e participativo, iniciado en xaneiro con propostas e consultas a diferentes representantes do sector cultural, convocados desde o CCG na procura de suxestións arredor de estratexias de futuro da cultura galega. O grupo de traballo, dirixido por Xosé López García e con Xaime Subiela como coordinador técnico, remitiu un cuestionario a trescentas persoas representativas do sector cultural e da sociedade. As respostas recibidas permitiron compoñer os materiais de traballo para esta fase (xuño-xullo) con cinco foros de reflexión, dos que deberán sair propostas, que se abrirán ao debate, a través dos soportes do CCG na Rede, no mes de setembro. Co conxunto das achegas o equipo coordinador elaborará, en outubro, un documento de integración coas orientacións estratéxicas para o futuro da cultura galega, que serán remitidas ás institucións públicas, culturais e sociais.

No programa figuran outros dous Foros: os de “Contidos da cultura” (8 de xullo) e un debate, en rede, sobre “Proxección exterior”.

Isabel Pires, ex-Ministra de Cultura de Portugal, apostou por aproveitar as oportunidades da Cultura para o desenvolvemento en tempo de crise
Ramón Villares, Isabel Pires de Lima e Henrique Monteagudo nun momento do relatorio

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2010.- Isabel Pires de Lima, catedrática da Facultade de Letras da Universidade do Porto, ex-deputada da Assembleia da República e ex-ministra de Cultura de Portugal (2005-2008),  fixo hoxe un chamamento para “aproveitar as oportunidades da Cultura en tempo de crise” no curso dunha conferencia pronunciada no Consello da Cultura Galega. A ex-ministra falou sobre A CULTURA E O NOVO MUNDO NOVO no marco  do seminario interdisciplinar “O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)” organizado polo CCG e coordinado polo profesor Ramón Maiz.

Isabel Pires de Lima, presentada por Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, afirmou que, cada vez máis, a cultura representa un eixo fundamental no desenvolvemento e definición das estratexias económicas, sociais, tecnolóxicas e educacionais que poden estimular a producción de contidos creativos innovadores, que representan, asemade, un crucial factor productor de riqueza e competitividade. Aludiu as mudanzas que levan a encarar de modo novo as relacións estreitas, xeradoras de enormes sinerxias, xa non entre economía e cultura ou industrias creativas e cultura, senón tamén entre educación e cultura, turismo e cultura,  diplomacia e cultura. Por iso, asegurou, ábrese para a Cultura un novo mundo novo.

Lembrou tamén o feito de que as sociedades modernas, caracterizadas por movimentos migratorios, son cada vez mais sociedades multiculturais que requiren o contributo da comprensión e do diálogo cultural para a súa coesión e para impedir erguer barreiras entre sociedades culturalmente diferenciadas. Por esa razón a diplomacia fai hoxe da cultura un dos máis activos pilares de política. Velaí outro espazo de oportunidades da Cultura, que xa abertamente se chama diplomacia cultural.

A ex-ministra de Cultura de Portugal considerou de primordial importancia desenvolver unha nova e máis ambiciosa acción para o sector cultural, baseada en estratexias integradas e coordenadas que reforcen a súa ligazón efectiva ó mundo real. Desde a súa análise entende que as políticas de cultura están destinadas a gañar máis espazo e coerencia na gobernación europea.

“Creatividade e innovación. Innovación e competitividade. Competitividade e negocio productivo. Negocio productivo e emprego. Emprego e posibilidade de benestar. Benestar e ocupación lúdica e espiritual. Así é a Cultura no limiar do  século XXI: un novo mundo novo á nosa espera. Deberiamos saber aproveitar e explorar a oportunidade en tempo de crise”, concluíu Isabel Pires de Lima.

Resolución da convocatoria de bolsas de colaboración para o Consello da Cultura Galega
O Consello da Cultura Galega publica a resolución da convocatoria de 14  bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega publicada no DOG nº 57 do 25 de marzo de 2010. Pode descargar a resolución aquí.